Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC mantivo unha xuntanza cos representantes de Parques e Xardíns

Publicada el febrero 17, 2023febrero 17, 2023

Ferrol, 17 de febreiro de 2023

No día de onte estivemos reunidos co Comité de Empresa de Parques e Xardíns para comprobar, de novo, que non hai ningún avance no prego deste servizo. Lamentablemente, o goberno local desistiu e aparcou nun caixón un contrato que leva pendente dende 2009.

Esta situación está a provocar que o mantemento dos xardíns e parques da nosa cidade cada vez degrádese máis, que os traballadores do servizo sigan nas mesmas condicións laborais dende 2008 e que a maquinaria que utilizan e as instalacións nas que desenvolven o seu traballo estean tan desfasadas que xa levan 3 avisos da Inspección de Traballo polo estado deplorable das mesmas e que perxudica directamente aos propios traballadores soportando altas vibracións, elevados decibelios, labores de corte en taludes de altura sen liñas de vida nin anclaxe ou vestiarios inapropiados.

Todo isto pon de manifesto varias cousas: a incapacidade do goberno local de sacar adiante acordos co resto de grupos, a despreocupación dun goberno socialista polas condicións precarias dos traballadores da nosa cidade e a falta de interese que amosan por desbloquear este conflito que afecta negativamente a toda a cidade.

Así mesmo, este 27 de marzo terá lugar o xuízo de vulneración de dereito de folga que os traballadores interpusieron cando o 9 de abril do pasado ano e atopándose en folga indefinida o colectivo de traballadores de parques e xardíns, o goberno local deu orde á empresa Urbaser de realizar a limpeza dos xardíns que apareceran cheos de lixo, fora da súa competencia e invadindo o dereito a folga.

Xa no seu día, dende Ferrol en Común, censuramos a decisión do goberno local e consideramos que se estaban a sobrepasar liñas vermellas. FeC defenderá sempre os dereitos dos traballadores, que deben ser garantidos por calquera goberno municipal, por isto queremos amosar todo o noso apoio ao colectivo parques e xardíns neste conflito.

Finalmente, a xuntanza mantida onte tamén serviu para trasladarlles aos representantes dos traballadores a nosa postura sobre o modelo de xestión dos servizos da nosa cidade, defendendo a xestión pública tanto para parques e xardíns coma para o resto de servizos da cidade. O noso obxectivo será dar os pasos pertinentes para que podamos ver unha xestión directa por parte do Concello dos máximos servizos posibles, coma xa fixemos durante o noso mandato co servizo de socorrismo.

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC apostará pola protección e conservación do noso medio ambiente marzo 29, 2023
  • FeC amosa o seu apoio ao persoal de Parques e Xardíns marzo 27, 2023
  • FeC leva ao Pleno a petición do Colectivo de presas e presos políticos na ditadura marzo 27, 2023
  • FeC presenta moción en apoio ao persoal de LIDL e critica o mercado de Semana Santa e a falta de compromiso do goberno coa Poesía Salvaxe marzo 24, 2023
  • FeC retomará a accesibilidade no vindeiro mandato marzo 23, 2023
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2023 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress