Rosario Alabau Albors, a nosa Sari. Número 12 da candidatura de Ferrol en Común.

Militante da xustiza social, loitadora, combativa, unha muller sempre en pé, en tantas e tantas batallas desde a dureza da clandestinidade dos 70 até hoxe, en firme loita por desterrar as drogas que arruinaron tantas vidas e familias desde Asfedro, a entidade que preside.

Un exemplo e un orgullo de compañeira que tanto gostaríamos de ver novamente sentada no pleno do Pazo Municipal de Ferrol.