Ferrol, 29 de xaneiro de 2020
O
goberno do PSOE volve a incumprir a nosa moción aprobada por
unanimidade no Pleno de outubro na que pedíamos que se convocase
unha Mesa de traballo formada polos grupos municipais e polo tecido
social da cidade que tanto tempo leva loitando para conseguir a
merecida homenaxe ao profesor Ricardo Carvalho Calero polo Día das
Letras Galegas.
Este
goberno pensou que podía lavar a súa imaxe convocando unha xuntanza
sen contido unicamente cos grupos municipais, censurando a
participación a outros grupos e asociacións con intereses neste
tema, como ben sendo a tónica habitual.
Como non podía ser doutra forma, a xuntanza non se levou a cabo por respecto ao resto do tecido asociativo, que son unha das partes máis importante na organización dun calendario de actividades para homenaxear a figura de Carvalho Calero.