Algún día farase xustiza e, cando pasen os anos, poderase poñer na balanza o bo e o malo. O traballo incansable, a captación de fondos, a redacción e impulso de proxectos de cidade. Soportar o filibusteo e os ataques persoais, o pacto PP PSOE que a deixou na cola de paro literalmente, a ingratitude de moitas pesarán no malo.

Ferrol perde un valor fundamental. Merece todo e máis, sobre todo recuperar a súa vida. Marcha unha amiga, a mellor concelleira de urbanismo que tivo Ferrol. E perde sobre todo a política con maiúsculas, esa que pertence aos que cren nela para transformar o mundo, que combate os que a utilizan como camiño á fama, ao saqueo, ao poder polo poder. Ferrol perde integridade.