Xa está aberto o prazo para presentar no Rexistro a solicitude que podedes atopar na nosa web coas bases da convocatoria O prazo remata o día 15 de abril as 14:00 horas e publicarase o catálogo de grupos para que as entidades veciñais fagan as súas peticións


XA TEMOS EN MARCHA 'FERROL A ESCENA 2019' PARA A PROMOCIÓN CULTURAL DE GRUPOS AFECCIONADOS

Ferrol, 3 de abril.  Xa temos a vosa disposición na nosa web as bases do programa Ferrol Escena 2019.  Desde XA está aberto o prazo para que os grupos que desexen tomar parte nesta nova convocatoria acheguen as súas solicitudes. 

O prazo para facelo está aberto ate as 14:00 horas do día 15.04.2019 no Rexistro Municipal. Unha vez que remate o prazo, publicarase o catálogo de grupos inscritos para que as entidades veciñais poidan facer as súas peticións. 

As actuacións terán lugar unicamente os fins de semana do ano 2019 nos espazos propostos polas asociacións veciñais que así o soliciten, sempre e cando sexan espazos pechados e teñan as instalacións axeitadas para poder desenvolver as ditas actividades.  

Ferrol a Escena 2019 

O Concello de Ferrol, a través da concellería de Cultura, convoca o programa FERROL ESCENA co obxecto de contribuír á difusión e promoción do teatro, música, folclore, danza e demais manifestacións artísticas a nivel afeccionado e o seu achegamento ás asociacións veciñais deste Concello. 

¿Quen pode participar? 

A participación neste programa está aberta a todos os grupos de artes escénicas afeccionados e ás asociacións veciñais que consten inscritos (ambos) no rexistro municipal de entidades cidadás do Concello de Ferrol.   

Aquí vai a ligazón as bases no taboleiro web municipal: 
https://www.ferrol.gal/arquivos/documentos/cultura/FerrolEscena2019/BASES%20FERROL%20A%20ESCENA%202019.pdf