Esta nova aposta escénica da Área de Educación e Cultura por buscar o público nas rúas chega en xuño coa participación da compañía Chévere, Premio Nacional de Teatro no 2014

A programación polo miúdo foi presentada este mediodía polo concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea

20160505_120505
O concelleiro de cultura durante a Rolda de prensa

Ferrol, 5 maio.- ‘Fóra do Mapa’ é o nome ilustrativo e moi simbólico do que será o I Festival de Artes Escénicas de Ferrol, do 30 de maio ao 5 de xuño, con 9 compañías de prestixio da escena galega e estatal e propostas moi innovadoras tanto nos espazos como nos tempos e ritmos.

Neste saco da innovación teatral de ‘Fóra do Mapa’ collen os microteatros -ou Teatro Miúdo -pezas breves de 15 a 20 minutos para aforos reducidos-, monográficos, espectáculos longos, obradoiros e o singular roteiro de turismo teatralizado polos portais, galerías e edificios emblemáticos da cidade que nos propón Chévere, a compañía galega que se alzou co Premio Nacional de Teatro no 2014.

O concelleiro de Cultura, Suso Basterrechea, desgranou hoxe en rolda de prensa extensa programación do que será o I Festival de Artes Escénicas de Ferrol. Estivo acompañado por Cristina Moreira, impulsora da proposta, e o dous dos membros de Chévere, Xesús Ron e Patricia de Lorenzo, que achegan unha proposta do mais orixinal.

Será o I Festival de Artes Escénica e chega con vocación de permanencia e espírito de continuidade”, manifestou Basterrechea, Fixo fincapé na vocación que ten esta nova etapa da Cultura en Ferrol por saír as rúas na procura do público, e na busca dun espazo escénico propio que non entre en competencia co traballo que ven desenvolvendo Narón desde hai anos.

Fóra do Mapa trata de optimizar recursos para crear un escenario complementario nun clima de entendemento total, tamén no que ten que ver como mundo da cultura”, expuxo o concelleiro ferrolán, que salientou o carácter innovador desta proposta escénica que conta cun deseño moi coidado e una web propia foradomapa.org

O festival ten a misión de facer que a xente recupere outra vez o gusto polo teatro, a través de pezas pequenas de pequeno formato para meter o gusanillo e que a xente queira ver mais, e coido que o imos a conseguir”, manifestou Cristina Moreira.

Pola súa banda, Chévere, que participa do Festival xunto con outras compañías con nome propio e moito peso na escena estatal como Oligor, nos propón uha sorte de roteiro turístico teatralizado por espazos da cidade para asomarnos, co teatro, unha nova perspectiva do patrimonio.

Será de balde, o sábado 4 de xuño, en dúas quendas ás 12:30 e 13:30 para as que non é preciso anotarse previamente, e simplemente, consiste en aparecer e unirse a esta festa do teatro na rúa. Achégase a programación completa e a ligazón a web na que está a vosa disposición toda a información dos espectáculos e obradoiros previstos, co prazo de inscrición aínda aberto

https://foradomapa.org/author/festivalforadomapa/