Ascensorazo de Mella

Ferrol en Común deixará a elección dos veciños as liñas de política urbanística a desenvolver na cidade e recabará a súa participación para priorizar as obras que é preciso acometer, coa planificación temporal axeitada, a través da redacción dos orzamentos participativos lonxe do caos electoralista no que nos ten sumido este Goberno local do PP, tan apresurado en rematar as obras antes dos comicios que apenas nos deixan camiñar polas rúas.
É unha das liñas de acción das que hoxe deu conta Jorge Suárez, candidato de FeC a Alcaldía de Ferrol, nunha rolda de prensa a pé de obra no Cantón de Molíns, coas grúas de fondo.
 
“De tres anos de paralización teórica ás presas descoordinadas última hora”, resumiu Suárez, que criticou que sexan os intereses partidistas os que moven a roda das obras do Concello ferrolá, que curiosamente, sempre recaen nas mesmas empresas.
Demasiadas veces, denuncia Ferrol en Común, foron con procedementos negociados sen publicidade o van a mans de compañías ligadas o imperio de Florentino Pérez en todas as súas ramificacións sen repercutir no emprego local e nas pequenas contratas do municipio.
Fronte a iso, política coordinada, transparente e con adxudicacións claras que recupere as cuadrillas municipais para acometer as obras de xeito que redunde na empregabilidade dos veciños, sen frivolidades como o ascensor de Mella cando hai outras prioridades mais acuciantes como darlle unha solución sólida a Praza de Armas.

 

Pola súa banda, Álvaro Montes, número tres da lista de FeC, pediu desterrar as obras faraónicas e os grandes proxectos que sempre se prantean en campaña electoral como promesas que non se materializan para ir a casos concretos como o arranxo do Mercado de Caranza, condenado á privatización por 30 anos, Porta Nova, os usos do Sánchez Aguilera e o campo de fútbol de San Xoán. Na rolda tamén tomaron parte Isabel Domingo (Número 10) e Damián Calleja