A candidatura de unidade popular impulsada en Ferrol por Anova, Esquerda Unida e inscritos da Asemblea de Podemos, continua presentando as liñas básicas do que será o seu programa de goberno, o cal está aberto á participación de todo o tecido social e cidadanía en xeral
 
Ferrol en Común marca no seu programa de goberno os obxectivos de garantir a todas as persoas o acceso a unha práctica deportiva e de calidade, basada na igualdade, na integración e no dereito á saúde
Ferrol en Común Establecerá accións encamiñadas a facilitar a participación de clubs da cidade en competicións deportivas de alto rendemento deportivo. Plans acordados de xeito individual con cada entidade para adecuarse ás súas necesidades
 
Favorecerase así mesmo, a posibilidade de que os cidadáns poidan acercarse e participar nas múltiples modalidades deportivas que se oferten na cidade a través de políticas de promoción do deporte base e iniciación deportiva.
 
Ferrol en Común Elaborará un plan estratéxico dirixido á promoción e práctica de actividade física deportiva como mellora da saúde e calidade de vida, adecuando e controlando o uso das instalacións deportivas, adecuando a oferta ás necesidades reais e potenciando a construción e adecuación de espazos para o uso no tempo de ocio
 
En canto a instalacións deportivas, Ferrol en Común implementará un plan de mantemento e arranxo das instalacións deportivas, como requisito imprescindible para a conservación das mesmas e poder alongar a súa vida útil e adecuando o seu uso aos obxectivos para os que foron deseñadas, asi como un plan de uso de novos espazos adecuando as posibles inversións ás necesidades reais da sociedade