Ferrol, 29 de outubro de 2019

Hoxe en rolda de prensa, Jorge Suárez, voceiro do Grupo Municipal de Ferrol en Común, amosou a súa preocupación polo que está a acontecer no concello, “pois parece que en 4 meses desapareceron todos os problemas cos desbroces, as farolas ou as fochancas” e “sabemos que están ahí fora pero xa non saen a luz, pode que teña algo que ver a publicidade institucional que se paga agora e antes o non” apunta Jorge Suárez.

Pero á marxe dos problemas da cidade, que sabemos que son moitos e difíciles de afrontar, a actitude do actual goberno do PSOE segue sendo a mesma dende o primeiro día de mandato, recollido no seu bunker onde non se da traslado de ningún tipo de información a ningún dos grupos municipais e nin se queira existe complicidade entre os grupos que apoiaron a súa investidura.

As comisións informativas que deberían de ser periódicas apenas convócanse e as que hai son de trámite sen dar resposta algunha as cuestións formuladas por parte dos grupos da oposición; “non sabemos nada de orzamentos, non sabemos nada de oferta de emprego público, non sabemos nada das actas do Consello de Emafesa, non sabemos nada das decisións arbitrarias que se toman en terreo de recursos humanos, non sabemos nada de investimentos que se prevén para o futuro relacionados con Fondos Europeos” enumera Jorge Suárez na rolda de prensa.

O que máis preocupa a Ferrol en Común é que en lugar de emprender novos proxectos que sustenten a acción política do novo goberno parece que estamos ante un goberno do revisionismo, “de repente desaparecen proxectos avanzados como o traslado da policía local e bombeiros a FIMO, a adxudicación de locais de Porta Nova ou o aparcadoiro disuasorio”.

O goberno de Mato non lle presta atención a obras da cidade como o acondicionamento de Recimil “que é algo histórico” ou a pasarela de Santa Mariña, pero pola contra “si que se corre moito para saír na foto” recollendo un premio de economía azul relativo ao Dique da Cabana e sen ningún recoñecemento ao goberno anterior que foi o impulsor e executor do proxecto e votou a este Alcalde na sesión de investidura, polo que dende Ferrol en Común compre facer un chamamento sen ánimo destrutivo ao actual goberno a “tender mans e non destruír pontes”.

Dende FeC, creemos que esta “bunquerización” co tecido veciñal, cultural, social, grupos da oposición e coa sociedade ferrolá en xeral que están levando adiante os 8 concelleiros e concelleiras do grupo municipal socialista, e esta tendencia cara o dereitismo, o único que vai facer é ir contra os intereses xerais da cidade. Polo que Ferrol en Común pensa que é necesario máis construción colectiva, na que o goberno actual terá a noso apoio sempre que nos chame.