A Área de Urbanismo, Vivenda, Rehabilitación e Mobilidade é complexa, xúntase a atención ó cidadá na tramitación de calquera tipo de autorización de obras coa redacción de planeamento, ordenanzas, planificación de infraestructuras e proxectos de urbanización, decisións de futuro importantes para a cidade que teñen un desgaste nos tempos da súa execución xa que non son inmediatas.
FINANCIACIÓN EXTERNA:
Dende a concellería se desenvolveron sempre os programas de Fondos Europeos que teñen que ver co desenvolvemento urbano (Urban, Dusi, etc), xa que entra dentro das súas competencias de urbanismo e planificación, ainda que o programa sexa trasversal e de servizo a outras áreas, polo que a partida económica se relaciona con Facenda e Patrimonio.
Se realizou o peche das obras do programa Urban, e dende Urbanismo preparouse en tempo e entregouse a candidatura a optar ó programa DUSI (Desenvolvemento Urbano Sostenible e Integrado), facendo todas as xestións necesarias tanto internamente como co Ministerio, e incluso preparando unha xornada divulgativa do mesmo. A Estratexia Ría de Ferrol 2020 aprobouse en segunda convocatoria, e foi notificada en Maio do 2017 unha axuda de 10 millóns de €.
Se solicitou o Programa Interreg Espazo Atlántico xunto con 8 cidades europeas o proxecto MMIAH de posta en valor do Patrimonio Marítimo, Militar e Industrial, cun importe de 2,5 millóns de €.
Se solicitou e concedeu a participación no programa Civitas SUmp para promover Plan de Mobilidade con Axudas Europeas, sendo elexidos con outras 14 cidades europeas. 7.000 €
Solicitada a axuda no programa Pareer , de Rehabilitación Enerxética de Recimil. 534.029,98 € (sen resolver).
Proxecto de Rehabilitación do Dique da Cabana e Tinglado. FEMP (tramites coa concellería de emprego) 163.108,00 €
Solicitude do 1,5 % Cultural para o Castelo de San Felipe, xunto coa Concellería de Patrimonio. 455.581,37 €.
Axudas á Rehabilitación:
O Concello de Ferrol contaba coa chegada deste goberno con 3 áreas de Rehabilitación, Magdalena Ferrol Vello, A Graña e Esteiro. A estas áreas sumouse no 2017 a Área de Rehabilitación de Recimil. A tramitación deu lugar a 556 intervencións cunha inversión de máis de 15 Millóns de Euros. (4 Millóns Subvencionados)
As axudas e subvencións concedidas superan os 17 millóns de euros
PROXECTOS REDACTADOS
- -Alternativa á Ponte de Santa Mariña.
- -Praza de Armas.
- -Carretera de acceso ó Cementerio de Serantes.
- -Reforma Mercado de Caranza Fase 1
- -Local de Arraigo.
- -Proxecto de Acondicionamento do Dique da Cabana e Tinglado
- -Praza da Escola das Pedreiras
- -Expropiacións de Basanta e Espiño.
- -Pista Polideportiva Mandiá.
- -Urbanización Estrada de Pazos Fase 1
- -Urbanización de Espartero
- -Urbanización Carme Curuxeiras
- -Obras de reparación do Ateneo
- -Obras de Reparación do Toxos
- -Fachadas e Cubertas da SGHN
- -Oficina de Atención ao Peregrino
- -Accesibilidade Centros Deportivos
- -Accesibilidade Centros Docentes
- -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en 10 de Marzal. Recimil.
- -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en Naron 1-6. Recimil.
- -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en Ares 1-2. Recimil.
- -Proxecto Bás. e Exec. da rehabilitación enerxética en Betanzos. Recimil.
- -Iluminación da Magdalena, 1ª Fase
- -Iluminación do Cantón de Molíns .
- -Proxecto da Cuberta de Xogo de Chave. Serantes.
- -Accesibilidade Cruces de Peóns 2ª Fase
- -Accesibilidade Cruces de Peóns 3ª Fase
- -Accesibilidade Cruces de Peóns 4ª Fase
- -Accesibilidade Cruces de Peóns 5ª Fase
- -Aparcamento Disuasorio na Rúa Alegre
- -Aparcamento Disuasorio no CHUF
- -Reformado das Obras de Urbanización da Rúa Basanta
- -Proxecto de Mobiliario de Ferrol Vello
- -Adaptación do Proxecto de Mobiliario de A Magdalena
- -Rehabilitación do edificio do Toxos e Flores
- -Urbanización Fenya
- -Urbanización Vinculeiro
- -Memoria Valorada para acondicionamento de 9 vivendas en Recimil.
Concellería de Patrimonio Histórico
- -Rehabilitación da Casa de Cureñas. San Felipe
- -Rehabilitación da Casa do Comandante. San Felipe
- -Rehabilitación de Caseta de Vixiantes. Castelo de San Felipe.
- -Limpeza de Batería Baixa.
- Acceso a capela de Santa Comba
- – Rehabilitación integral de lavadeiros de Brión, Esmelle e Balón.
- -Consolidación de Parte Alta da Casa do Gobernador e eliminación de elementos descontextualizados
- -Memoria Valorada da evacuación de augas do Castelo de San Felipe
O importe das obras proxectadas ascende a máis de 15 millóns de euros
OBRAS:
Remate das obras comenzadas co goberno anterior:
- Remate das obras de reurbanización do Cantón de Molíns, primeira fase.
- -Acondicionamiento dos baixos de Costa de Mella e Xardíns de Herrera. Remate da obra principal .
- -Remate das obras do centro Cívico de Canido (Programa Urban)
Obras realizadas:
- -Urbanización da Rúa Miramar
- -Construcción de Muro na Rúa Miramar.
- -Musealización Costa da Mella
- -CC de Canido. Acondicionamento de Cafetería e comedor Social.
- Rúa da Parda.
- Obras de accesibilidade 1ª fase.
- -Iluminación da Rúa Miramar.
- – Cuberta da Casa do Coronel, sede da Sociedade Galega de Historia Natural.
- Obras de accesibilidade 2ª fase.
- -Rúa Manuel Comellas.
- -Praza das Pedreiras.
- -Iluminación Cantón Fase 1
- -Accesos Aneiros -A Cabana Fase 1
- Obras de accesibilidade 3ª fase.
- -Acondicionamiento Local de Arraigo
- Dotación de Mobiliario e Mupis para o Barrio da Magdalena.
- -Centro Cívico de Ferrol Vello. Dotación de Mobiliario
- -Xornadas sobre o Plan de Mobilidade.
- Acondicionamiento do baixo do Centro Cívico de Ferrol Vello como Oficina de Atención do Peregrino.
- – Reparación de fachada da casa do Coronel, sede da Sociedade Galega de Historia Natural.
- -Obras de Reparación do Ateneo
Obras adxudicadas ou en execución:
- -Praza de Armas
- -Mercado de Caranza
- -Rehabilitación de envolvente en 10 de Marzal
- -Rehabilitación de envolvente en Narón 1-6
- -Pasarela de Santa Mariña
- -APasos de Peóns Fase 4
- -Urbanización Fenya
Obras en contratación
- -Urbanización Espartero
- -Urbanización Carme Curuxeiras
- -Carretera de Pazos Fase 1
- -Acceso Cementerio de Serantes
- -Iluminación da Magdalena
- -Accesibilidade de Equipamentos Deportivos
- -Accesibilidade Equipamentos Docentes
- -Aparcadoiro Rúa Alegre
Área de Vivenda: ( dende Xuño de 2017)
Destacar o Equipo de Traballo Multidisciplinar con Seguridade, Benestar, Obras e o Cri para levar a cabo a Rehabilitación de Recimil que deu como resultado unha diagnose que ten que derivar nun plan de traballo coordinado entre as distintas concellerías.
A diagnose está rematada cunha proposta de regulamento para adxudicación de vivendas e unha temporización das obras a executar.
Planeamento e Xestión:
– Aprobación definitiva do Pepri de Ferrol Vello, para avanzar na recuperación da cidade e ter un instrumento que axilice a tramitación da rexeneración urbana sen necesidade de depender de outras institucións.
-Aprobación da ordenanza de Inspección Técnica de Edificios, para fomentar a conservación e mantemento da edificación. 500 expedientes
-Un impulso da Área de Disciplina, facendo un seguimento importante nas ordes de Execución o que levou a acometer varias execucións subsidiarias con custo económico importante para esta concellería. (11 actuacións subsidiarias)
-Modificación da Ordenanza de Terrazas para adaptar á ordenanza existente ás interpretacións da comisión e requerimentos dos grupos municipáis e hosteleiros. O traballo da comisión e divulgativo entre os diferentes barrios deron lugar a unha mellora na implantación das terrazas tanto estéticamente como en ocupación mellorando sustancialmente o espazo público, con 319 expedientes tramitados
–Ordenanza de Accesibilidade. Pendente de aprobación
–Ordenanza de Contaminación atmosférica. aprobación definitiva
-Concurso de ideas a nivel de anteproxecto para a adxudicación da reforma da Praza de Armas. 50 propostas achegadas de toda España
–Expediente Vinculeiro. Redacción de proxecto para rematar as obras de urbanización pendentes para primeira ocupación. Execución do Aval
-Expediente Xoane, AEI 5. Expediente de Vicios ocultos da urbanización .
–Xunta Compensación Boial. Pechado expediente e deuda
–Negociacións
co Sareb sobre diferentes propiedades:
Campo de San Xoan
-Modificación do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Presentación do Documento inicial Estratéxico para avaliación ambiental. de 2016
Xornada de información ó Goberno Municipal
Comisión de seguimento con grupos políticos
Xornada de divulgación entidades
No mes de abril de 2019 achégase o Docuemnto de Aprobación Inicial que está sendo revisado polos técnicos.
Reunións e solicitudes con diferentes Consellerías e entidades:
-Igvs: Solicitud de información sobre Plan Sectorial de Solo Industrial
Solicitud de información de axudas a vivenda Recimil e San Pablo.
Adianto de expedientes para a axilización do programa Rexurbe.
-Estradas de Galicia: Solicitud de remate da vía de Vinculeiro con Narón. Transporte Marítimo
-Unión Fenosa: Solicitud de soterramenteo de liñas
Estación de Santa Mariña
-Autoridade Portuaria: Deslinde e cesións
Área de Mobilidade
Reunións con Tranvías e Monbús
Reunións de transporte Xunta, Dirección Xeral de Mobilidade
Grupo de traballo alcaldes Tren Feve
Proxecto Executivo. Peatonalización de A Magdalena.
Alegacións ao Plan de transporte
Redacción de pregos para a contratación de asistencia técnica estudo de xestión
Pacto da Mobilidade
Semana Europea da Mobilidade 2017 e 2018
Solicitud de axuda programa europeo Civitas SUMP. Pendente actualización do PMUS
Enquisa de Mobilidade
Asistencia Téncica para Xestión de Transporte
Proxectos Pendentes:
–Urbanización de Manuel Belando- Nova de Caranza. en contratación
-Proxecto de reordenación Estrada de Castela- Trincheira. Comunicación Narón
-Acondicionamiento de Aparcadoiros Existentes. Ascensores
-Rehabilitación Casa de Carvalho Calero
-Urbanización Avenida de Vigo-Avenida do Rei.
Revisión e tramitación de obras de outras administracións:
Fomento:
-Tren ó Porto Exterior. Informes enxeñeiro e arqueóloga.
– As Pías. Revisión da primeira fase, en tramitación á segunda. Pendentes do Convenio. Reunión e reclamacións a Fomento
Deputación:
– Estrada de San Pedro. Pendente de executar. Previsión maio 2019.
– 19 de febreiro 2ª e 3ª Fase. Pendente de Licitar, xa enviada toda a documentación
Intermodal:
-Reunións e suxestións informe estudo de alternativas.
Navantia:
-Obras de Saneamento
-Obras de instalacións provisionáis
-Proxecto de Asteleiro 4.0
Ampliación do Chuf:
-Reunións técnicas para análisis de alternativas e incidencia na ciruclación no vial de Irmandade Doadores de Sangue
-Tramitación licenzas Naval
-Tramitación da Lei 3/2016
Defensa:
Tramitación Convenio. Pendente de informe de Intervención.
Solicitude de Cesión da Alameda de Esteiro e Sustitución da Muralla do Astaleiro
Adif:
– Mellora do Tren Ferrol-Coruña
-Grupo de traballo Feve
-Expediente Disciplina actual pasarela de Santa Mariña. Pechado. Cesión da pasarela
-Expediente de Disciplina do Muro de Contención Rúa Loureiro. Xudicializado ainda que temos o compromiso d¡pola súa parte de facelo.
Igvs:
-Impulsar execución programa Rexurbe
-Soliciturdes de Subvención Área de Rehabilitación
-Programa de Vivendas Baleiras
-Infraestructuras
Depuradora
Interceptores Xerais Colector de A Malata
–UDC
Estudio dasposibilidades de ampliación do Campus universitario de Esteiro.
Máis de 5 alternativas que deron como resultado a compra da parcela do Invied na avenida de Esteiro, e edificio administrativo na Residencia do Invied.
Estudio
das posibilidades de implantación da Residencia Universitaria. Alternativas e diferentes ubicacións na cidade
Medios humanos e Conclusións:
Urbanismo: Á escasez de persoal se suma a imposibilidade de cubrir baixas e xubilacións, polo que disminuiu a capacidade de traballo nos últimos anos, ausencia de deliñantes, traballo que están a facer os técnicos do departamento, xurídico, competencia que esta a asumir o xefe de Servizo, acumulando carga de traballo, e falta de persoal técnico e administrativo en xeral.
Por outra banda na área de Vivenda non hai persoal específico, polo que se está a xestionar os expedientes co persoal de Oficina de Rehabilitación e Planeamento. Sería de ran utilidad asignar esta labor a un negociado.
O persoal existente é de 4 Arquitectos, 1 Enxeñeiro Industrial, 3 arquitectas Técnicas, 1 Enxeñeiro Técnico Industrial, Xefe de Servizo, Xefe de Sección, Xefa de Negociado de licencias e 5 administrativos (2 en Licenzas, 2 en Disciplina e 1 en Planeamiento) ademáis de 2 persoas no rexistro auxiliar de Urbanismo.
Ainda así o tempo de informe de licenzas era ata mediados do ano 2018 de 1 mes , sempre e cando estivera toda a documentación completa e non necesitase informes sectoriais. Na actualidade o tempo de informe técnico é de 2,5 meses, debido á entrada de expedientes de máis calado, CHUF, ASTELEIRO, revisión do PXOM, o estudo das ofertas das licitacións de obra e a xestión de fondos europeos, que fan que se teña que dividir o traballo entre os 4 arquitectos e o Enxeñeiro.
En canto a Mobilidade destacar o esforzo que está a facer a funcionaria, apoiada por unha administrativa e o Enxeñeiro de urbanismo actualmente, para desenvolver o traballo, xa que actualmente se están a levar a cabo os estudos necesarios para reorganizar o servizo de Transporte Público, xestionado ata dia de hoxe pola Xunta de Galicia. Hai que ter en conta que se necesitará personal específico se decidimos xestionar o servizo dende o concello.
Compre destacar o esforzo que están a facer os funcionarios de apoio a outras concellerías, e para a tramitación de subvencións e axudas externas.
En canto ás asistencias técnicas externas, suprimiuse o servizo de topografía e expropiacións, xa que se incurría en un pago mensual por un servizo que non tramitaba moitos expedientes. Durante o ano 2018 só tivemos que tramitar un expediente.
Está pendente de adxudicaicón o servizo de Inspección Técnica de Edificios dende fai dous anos.
Está pendente de contratación o servizo de Oficina de Rehabiltiación. Revisando os pregos conforme a nova lei de contratos e axustándose a Lei de Rehabilitación galega, pendente de aprobación.
O servizo de arqueoloxía está vixente o contrato de asistencia durante 4 anos, adxudicado en abril do 2016.
Compre destacar a dificultade para a xestión de axudas e subvencións dos programas europeos.
Actualmente contamos con una oficina EDUSI ubicada físicamente no Torrente Ballester que conta con 3 persoas, Coordinación, Economista e Comunicación.
Estas tres persoas teñen un contrato específico para este programa e de duración determinada.
Os orzamentos de Axudas Europeas dado que son
trasversais a distintas Cocellerías son xestionados dende a Área de Promoción
Económica e Emprego. Sería de especial interés dadas as trabas administrativas
a creación de un negociado específico de xestión de axudas.
Expedientes Tramitados:
Se adxunta a continuación o listado de expedientes tramitados dende xuño de 2015 que suman 11.298 expedientes,
Expedientes de Urbanismo creados a partir do 01/06/2015 a 30/04/2018
NEGOCIADO | EXPEDIENTES | TOTAL |
INSPECCIÓN E DISCIPLINA | Dilixenciados Disciplina | 5 |
Dilixencias Previas | 299 | |
Ejecución Subsidiaria | 11 | |
Especial Protección | 4 | |
Multas Coercitivas | 122 | |
Orde de Execución | 266 | |
Reposición da Legalidade | 158 | |
Ruina | 73 | |
ITE | Presentación inspección técnica de edificios | 500 |
LICENCIAS | CP-01.Comunicación Previa de actividade | 214 |
CP-02.Comunicación Previa de actividade con obras de acondicionamento | 193 | |
CP-03.Comunicación Previa de cambio de titularidade das licenzas de actividade | 436 | |
CP-04.Comunicación Previa de cambio de titularidade das licenzas de obras | 3 | |
CP-05.Comunicación Previa de inicio de obras menores | 2.824 | |
CP-06.Comunicación Previa de posta en funcionamento de actividades inocuas | 173 | |
CP-07.Comunicación Previa de obras maiores e peches | 205 | |
CP-08.Comunicación Previa de estadas, plataformas elevadoras e valos de obras | 840 | |
CP-09.Comunicación Previa de obras para instalacións ou estacións radioeléctricas | 6 | |
CP-10.Comunicación Previa de pasaxes | 59 | |
Dilixenciados | 794 | |
Licenza de Actividades Clasificadas | 37 | |
Licenza de Actividades Inocuas | 23 | |
Licenza de Obra Maior | 508 | |
Licenza de Obra Menor | 1.416 | |
Licenza de Pasaxes (Placas de pasaxes) | 57 | |
Licenza de Primeira Ocupación | 102 | |
Licenza Municipal de Terrazas | 319 | |
Licenza Obra Menor | 1 | |
Parcelación | 37 | |
Planes de implantación | 1 | |
PLANEAMENTO E XESTIÓN | Actuacións EDUSI | 1 |
Actuacións Negociado de Cultura e Deportes | 6 | |
Actuacións Negociado de Emprego | 3 | |
Actuacións Negociado de Facenda | 45 | |
Actuacións Negociado de Intervención | 19 | |
Actuacións Negociado de Servizos | 101 | |
Actuacións Outras concellerías | 16 | |
Actuacións Plan Urban | 1 | |
Actuacións Recadación | 2 | |
Actuacións Secretaría Xeral | 19 | |
Actuacións Unidade de Contratación | 21 | |
Anulación de Retención de crédito (RC/) _ Urbanismo | 2 | |
Aprobación de proxectos | 33 | |
Aprobación do Plan de seguridade e saúde | 11 | |
Cambio de uso dotacional | 1 | |
Cancelación de depositos | 5 | |
Certificados urbanísticos | 625 | |
Contrato Maior Planeamento e Xestión | 19 | |
Contrato menor Planeamento e Xestión | 85 | |
Contrato menor Unidade administrativa | 4 | |
CONVENIO URBANISMO | 10 | |
Devolución de avais | 48 | |
Documentos a asinar – Planeamento e xestión | 10 | |
Estudo de detalle Planeamento e Xestión | 1 | |
Expedientes Xulgado | 2 | |
Expropiación | 1 | |
Mocións | 31 | |
Normalización de Fincas | 2 | |
Obra principal | 19 | |
Pago expropiación xulgados | 9 | |
Pedido Urbanismo | 31 | |
Peticións de informes de obras/plans promovidos por outras AA.PP. | 110 | |
Plan de Desenvolvemento Previstos Planeamento e Xestión | 1 | |
Plan Especial previsto no Planeamento | 1 | |
Proxecto Reparcelación | 1 | |
Seguimento de obras | 4 | |
Solicitude de Retención de crédito (RC) _ Urbanismo | 23 | |
Solicitude de Transferencia de crédito (TC) _ Urbanismo | 5 | |
Solicitude de Xeración de crédito (XC) _ Urbanismo | 5 | |
Tratamento de solicitudes – Dilixencias previas Planeamento e Xestión | 237 | |
XEFATURA | 14 |
URBAN | Bolsas de Alumnado dos Cursos do Programa Urban | 4 |
Contrato menor Urban | 5 | |
Pagamento de Bolsas do Alumnado dos Cursos | 8 | |
Pedido Plan Urban | 11 | |
11.298 |