Ferrol en Común ven de presentar dúas mocións que se debatirán no Pleno Ordinario de maio que terá lugar este xoves 28 ás 19.00h de xeito telemático.

Moción para a adxudicación dos postos do Mercado de Caranza

Na Xunta de Goberno do 8 de abril de 2019 adxudicouse a reforma do Mercado de Caranza por 800.000€. Esta renovación, deu resposta a una demanda histórica que foi promesa de moitos pero foi Ferrol en Común quen converteuna nunha realidade.

As obras supuxeron unha reposición total da cuberta, instalación de illamento térmico, un frontal completamente novo, así como a renovación das carpinterías exteriores. Ademais da montaxe de novas instalacións eléctricas, saneamento, abastecemento, ventilación e un sistema contra incendios. No seu interior a mellora é palpable, pois reparouse a estructura de formigón, reconfigurouse a distribución dos postos, reformouse o semisoto para mellorar a accesibilidade, tanto peonil como de mercancías dende o propio aparcadoiro. Así mesmo dotouse dun ascensor interior e montacargas para facilitar o acceso e a entrega de xénero aos comerciantes.

Desta forma, quedou plenamente adaptado ás necesidades dun mercado moderno que poida ofrecer produto de calidade, como o fai, pero en condicións dignas. Agora só queda formalizar a concesión dos postos dende o Concello, e por iso presentamos esta moción que como ben di Jorge Suárez “cremos que é fundamental, porque unha vez recepcionada a obra, á potenciación do comercio de proximidade para que o producto local teña saída e desenvolvamos unha economía circular é fundamental para darlle unha saída socio-económica a nosa cidade” tal e como apunta o voceiro do grupo municipal “agora o único que falta son trámites meramente administrativos” para que os praceiros e praceiras poidan levar a cabo a súa actividade nos novos postos.

Agardamos pois, que “canto antes sexan adxudicados os postos que xa estaban sorteados mesmo antes do inicio da obra”, comentaba Suárez, e desta forma darlle un impulso ao barrio de Caranza que veu mudada a súa faciana co novo mercado.

Por último, sinalaba Jorge Suárez que “estamos moi satisfeitos, aínda que fora de mandato, de recoller os froitos que sementamos” como a Praza de Armas, a Pasarela de Santa Mariña ou as envolventes de Recimil, entre outras, e “orgullosos de poñer un graniño de area para que a cidade sexa máis habitable e sostible”.

Moción para garantir un servizo de conciliación ás familias

Presentamos esta moción porque os coidados son un piar fundamental na nosa sociedade e debido á situación excepcional na que nos atopamos, son más importantes que nunca. Como así o é, que a administración de unha resposta que estea a altura das necesidades das familias.

É imprescindible que o goberno municipal actúe neste eido é haxa unha especial atención aos coidados, que deben permitir que as familias incorpórense nas mellores condicións aos seus postos de traballo nesta fase de desescalada, e para iso, “ten que haber unha conciliación efectiva e non a paralización dos campamentos de verán” apuntaba Jorge Suárez e incluso a súa ampliación, por serán mais necesarios que nunca para desafogar aos avós dos coidados dos nenos e nenas, colectivos vulnerables nesta crise sanitaria, polo que, como dicía Suárez “propoñemos a apertura de centros escolares no verán, que se habiliten espazos e pavillóns municipais para que o espazo e distancia de seguridade poda ser mantido”.

Dende Ferrol en Común, valoramos dende o principio o traballo da área de benestar, pero “nunca está de máis darlle un impulso, para iso presentamos esta moción, que agardamos que frutifique canto antes nunha contratación dun paquete de campamentos escolares, apertura de ludotecas e apertura de espazos” comentaba o voceiro do grupo.

Agardamos ter o apoio necesario para que esta moción saía adiante e instamos ao goberno de Angel Mato “a que a senda de diálogo puntual que emprendeu durante o estado de alarma non a abandone e recapacite para traballar conxuntamente nuns orzamentos expansivos, nunhas ordenanzas fiscais máis xuntas e todas aquelas medidas que a día de hoxe están quedando en mera propaganda” finalizaba Jorge Suárez.