Ferrol, 21 de decembro de 2020

O pasado 26 de novembro todos os xornais recollían o anuncio por parte do goberno local da convocatoria dunha terceira liña de axudas, o PAME III, para os sectores afectados polas novas restricións. Unha das medidas que contemplaba, e que xa está aprobada, era a bonificación do recibo da auga, saneamento e recollida de residuos sólidos para todos os negocios que se viron obrigados a pechar para frear a propagación da Covid-19 e con carácter retroactivo, para o sector do ocio nocturno aplicable dende agosto e para o resto dende novembro.

Hoxe, 21 de decembro, ademais de non ter ningunha nova sobre as bases do PAME III, os recibos da agua, saneamento e basura comenzan a chegar aos establecementos, cun importe de entre 200 e 300 euros a aboar polos negocios que non teñen ningún ingreso co que facer fronte a estes pagos, pois están pechados ou sen apenas actividade debido á Covid-19.

Ferrol en Común considera inadmisible que as pequenas e medianas empresas, así coma os autónomos/as da nosa cidade, teñan que chegar a esta situación provocada pola falta de visión e xestión deste goberno municipal, que non foi quen de tomar as medidas necesarias para que este momento non chegara.

Sen axudas á vista e sen actividade, os negocios da nosa cidade teñen que facer fronte a case 300€ da taxa da auga, saneamento e basura, porque o goberno local non previu esta situación que non ven máis que a perxudicar á economía local. Se o goberno de Ángel Mato traballara co rigor necesario e tomara as medidas oportunas no seu momento, os negocios da nosa cidade non terían que ver como se lles pasa ao cobro este recibo e, en consecuencia, a súa posterior inclusión na voráxine da eterna burocracia para conseguir a súa bonificación.

FeC cualifica de intolerable a falta de acción do goberno da cidade, non só co tema dos recibos da agua, saneamento e residuos, se non tamén coa convocatoria do terceiro PAME, que leva un retraso inasumible dada a difícil situación que están a vivir todos os sectores afectados polas restricións da pandemia.

A proposta presentada por este grupo municipal e que foi tida en conta polo goberno local da creación de bonos para o comercio, hostalería e cultura debería estar en marcha para esta época do Nadal, para fomentar e incentivar a compra e o consumo na economía local e impulsar unha recuperación progresiva destes sectores, pero pola contra, nin temos noticias dos bonos, que nin se queira aparecen no borrador enviado fai xa semanas, nin temos noticias de cando se aprobaran o resto de axudas.

Ferrol en Común considera que non é momento para a parsimonia, se non momento de estar á altura e actuar coa máxima celeridade e axilidade posible para chegar antes de que a pandemia se leves por diante a máis negocios e persoas da nosa cidade.