Ferrol, 2 de decembro de 2021

A concelleira de FeC, Saínza Ruíz, ven de dar unha rolda de prensa onde realizou un análise de diferentes aspectos das areas de Benestar Social, Igualdade e Mocidade que non se están a traballar coma deberían.

Para comezar, puxo o foco sobre dúas subvencións ás que o goberno municipal podería optar pero nin se queira amosou interese, coma son o programa “Servicio Responsable 2021”, cuxo principal obxectivo é a promoción dun ocio seguro e saudable dentro da prevención en materia de drogrodependencias e a convocatoria de axudas para actividades xuvenís. “Son fondos que deberían aproveitarse e cos que se poderían retomar programas coma Ardora” comentaba a edil, pero parece que a área de mocidade seguirá estando valeira de contido.

Outra das cuestións que comentou a concelleira foi o feito da falta de políticas de igualdade e actividades na Casa da Muller, “este goberno leva escudándose na pandemia demasiado tempo para esconder a súa inactividade” explicaba Saínza Ruíz, ademais de recordar a moción presentada polo seu grupo municipal no Pleno de novembro e que será debatida en Pleno Extraordinario no que se plantexan unha batería de medidas e propostas para mellorar tanto a area de Muller coma a de Benestar Social.

Por último e en relación a esta última concellería, Saínza Ruíz expresaba a súa disconformidade coa falta de comedores de maiores e o Nadal en compañía, “dous programas que buscan paliar a soidade das persoas maiores e ademais baixo a xestión directa do concello” apuntaba Ruíz, non coma ocorre co “Xantar na Casa” que nin evita a soidade nin é municipal.

Para finalizar, a Concellería quixo lembrar que “este 3 de decembro é o Día da Discapacidade, unha xornada que debe ser reivindicativa para que todas as persoas poidan vivir nun Ferrol inclusivo de verdade”.