Saltar al contenido
Menú
FERROL EN COMÚN
  • Inicio
  • Quen somos
    • A Organización
    • Grupo Municipal
      • Jorge Suárez Fernández
      • Suso Basterrechea López
      • Saínza Ruíz Ferreño
  • Actividade Municipal
    • Mocións
    • Acordo gobernabilidade FeC-PSOE
    • Acordo orzamentos 2021 FeC-PSOE
  • Programa Electoral
    • Un Ferrol para vivir
    • Un Ferrol para os coidados
    • Un Ferrol para ser
    • Un Ferrol que mola
    • Un Ferrol para o mañá
    • Un Ferrol para todas
  • Transparencia
    • Manifesto
    • Estatutos
    • Código Ético
    • Carta Financieira
  • Contacto
FERROL EN COMÚN

FeC afeálle ao goberno a forma de presentación das Bases das Subvencións de promoción económica

Publicada el mayo 25, 2022mayo 25, 2022

Ferrol, 25 de maio de 2022

Na orde do día do Pleno de mañá vai a proposta de aprobación das Bases reguladoras específicas para a Subvención de actividades de reactivación e promoción económica do Concello de Ferrol para o ano 2022, unhas subvencións nas que estamos de acordo en que, por suposto, teñen que saír todos os anos, pero non coincidimos na forma de presentalas.

No Concello de Ferrol existe un órgano chamado Mesa de Comercio Local no que teñen voz os comerciantes da nosa cidade e no que se recollen as propostas e necesidades deste sector para que o traballo que se realice dende o Concello sexa o máis adecuado a súa actividade. Esta Mesa de Comercio Local, convocouse tres veces no que vai de mandado, unha delas de xeito ordinario e dous delas de xeito extraordinario, sendo a última vez que se celebrou o día 25 de agosto de 2021.

Dende Ferrol en Común consideramos que as Bases das Subvencións que van a afectar ao total do comercio ferrolán deberían de pasar primeiro pola Mesa de Comercio Local, coma órgano participativo no que escoitar a opinión dos implicados nesas subvencións, coma facíase de xeito habitual.

Doutra banda, é tal a limitación na participación, que nin se queira os grupos municipais puidemos realizar achegas a estas Bases, xa que non foi trasladado un borrador nin aberto un prazo para realizar propostas co fin de mellorar estas Bases.

Coma é lóxico, non imos votar en contra dunhas Bases que son o soporte das subvencións para as actividades que reactivan e dinamizan o comercio local, pero si queremos expoñer o noso desacordo coa forma de levalas ao Pleno, sen participación ningunha. Así mesmo, solicitamos que se convoque a Mesa Local de Comercio, un espazo onde valorar, xunto co sector comercial, as actividades e accións que se están a desenvolver dende o Concello.  

Consulta as nosas RRSS

  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram

Últimos artigos

  • FeC lamenta a actitude do goberno local fronte o contrato de parques e xardíns julio 19, 2022
  • Tres anos de goberno, unha decepción junio 15, 2022
  • FeC critica a supresión dos aparcadoiros sen alternativas viables junio 14, 2022
  • FeC reclama solucións para a biblioteca municipal junio 8, 2022
  • FeC mantén unha xuntanza coa Avv de Caranza junio 7, 2022
  • Facebook
  • Twitter
  • Instagram
  • Telegram
  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Contacta
©2022 FERROL EN COMÚN | Funciona con SuperbThemes y WordPress