Ferrol, 21 de abril de 2023

Na tarde de onte, Ferrol en Común aprobou por unanimidade a candidatura de 25 persoas máis 5 suplentes presentada en Asemblea Extraordinaria, rematando así un proceso de primarias que deu comezo no mes de decembro.

Tanto onte na Asemblea, coma hoxe na rolda de prensa na que se deu conta de dita aprobación, tomaron a palabra Suso Basterrechea, Fany Gómez e Nerea P. Carballeira, ademais do candidato á alcaldía, Jorge Suárez. Todos eles coincidiron en destacar a calidade da lista coa que Ferrol en Común se presenta a estas eleccións e a ilusión e compromiso de cada unha das persoas que van nela.

Suso Basterrechea agradeceu o esforzo de todos e todas as integrantes da candidatura e sinalou que “ademais é unha lista chea de independentes que foron especialmente estusiastas, sen ningunha dificultade, todo o mundo se plantexou este proxecto dun xeito optimista, contenta e moi comprometida”, sentenciando que “teño unha especial ilusión porque penso que é unha das mellores listas nas que teño participado”.

Pola sua banda, a número 3, Fany Gómez, explicou que “compartimos obxectivos e proxectos comúns e convenceume o proxecto, ademais traballo no Concello e coñezo as súas necesidades e esta é a mellor forma de poñerlle solución”, ademais puxo en valor os servizos públicos, un modelo de xestión que é o que defendemos e no cremos en Ferrol en Común.

Nerea P. Carballeira asegurou sentirse “con moitas gañas e ilusión, ademais de moi comprometida, porque tamén vexo compromiso por parte das miñas compañeiras”. Así mesmo comentou que “é un proxecto moi real acompañado de forza, ilusión e unha lista ademais de bonita, necesaria para a cidade” finalizando con que “é unha alegría formar parte deste conxunto cheo de referentes sociais”.

Por último, tomou a palabra Jorge Suárez incidindo en que “abrimos un ciclo apaixonante, logo de reforzar a organización con moita xente independente que nos da o pulo necesario para o que queremos conseguir: que a esquerda sega gobernando a cidade e que dentro das forzas de esquerda, Ferrol en Común sexa a máis representativa”. Suárez afirmou que “a organización ten moita confianza en sí mesma e que despois de todos os encontros que estamos a ter a xente sabe valorar e aprezar a nosa integridade e honestidade, as nosas propostas en servizos públicos, dunha cidade compacta e sostible e onde se escoite á cidadanía”.

As persoas coas que completamos a lista teñen perfís moi activos e que tocan todas as partes da nosa cidade. O candidato á Alcaldía destacou entre eles a “Lorena Dapena, presidenta da FEAMPA; Teresa Vázquez, voceira da Plataforma en Defensa do Transporte Público; Jacobo Lamas, ex-xogador do Parrulo; Carlos Díaz «el chigri», músico e mestre ou Alba Bello, activa no sindicato de estudantes”, todos e todas elas deron un paso valente en defensa dunha ideas de esquerdas que representamos con FeC e que temos que agradecer, ademais de valorar a súa implicación e traballo co noso proxecto.

Jorge Suárez rematou afirmando que “saímos a gañar, a obter a máxima representación dentro da esquerda e que a nosa forza sexa capaz de repetir goberno, coma fixemos no ano 2015, e agora estamos en condicións de volver a repetilo, pois queremos gobernar esta cidade e ser influintes nas decisións que se toman para ela”.

Candidatura Ferrol en Común

1. Jorge Suárez / 2. Nerea P. Carballeira / 3. Fany Gómez / 4. Suso Basterrechea / 5. Xiana López / 6. Víctor Ledo / 7. Paula Faraldo / 8. Roi Saíz / 9. Malay Sobrín / 10. Francisco Pérez Maceiras / 11. Sari Alabau / 12. Rafa Rodríguez / 13. Lorena Dapena / 14. Jacobo Lamas / 15. Teresa Vázquez / 16. Carlos Díaz / 17. Alba Bello / 18. Tomás Miranda / 19. Marta Morón / 20. Santiago Díaz / 21. Emilio Pantín / 22. Esther Estévez / 23. Roberto Artabe / 24. Fina Varela / 25. Fina Piñón / S1. Aurora Rivas / S2. Susa Durán / S3. Manuel Santos / S4. Irene Lorenzo / S5. Daniel Velasco.