Ferrol, 19 de maio de 2023

Esta tarde mantendremos unha xuntanza con algunhas entidades deportivas da cidade para intercambiar opinións sobre as necesidades do deporte da cidade e trasladar as nosas propostas.

A riqueza deportiva de base é de elite na nosa cidade implica éxitos en múltiples disciplinas a nivel nacional, de forma individual, pero sobre todo colectiva. Estes éxitos non se corresponden, por desgraza, co estado decadente de todas as instalacións deportivas da cidade, construídas nas dúas últimas décadas do século vinte e condenadas ao abandono por falta investimento. Chegou a hora de abordar este problema con seriedade e nós estamos capacitados para facelo cunhas medidas claras e factibles.

É precisa unha planificación a longo prazo, de todas as obras e investimentos necesarios para a mellora das instalacións deportivas xa existentes, por iso, as nosas propostas pasan por integrar os espazos deportivos no plan de obras para a súa mellora, adecuación e mantemento, realizando un censo completo das instalacións deportivas, as súas deficiencias e carencias e así emendar e contribuír a un bo mantemento.

Neste mesmo senso, sería tamén necesario iniciar unha negociación fluida e continuada coa Xunta de Galicia co fin de conseguir investimentos cos que rehabilitar as instalacións deportivas da cidade, coma o Pavillón da Malata, pistas de atletismo, pistas de tenis e padel, piscina de Caranza ou Casa do Deporte.

Dentro dos investimentos necesarios, consideramos clave unha partida para facer de FIMO o referente deportivo da cidade e converter as naves de Punta Arnela en verdadeiros espazos de adestramento acondicionándonos cunha mellora substancial que estabilice o proxecto da Cidade do Deporte. Así mesmo, coma xa anunciamos, a transformación da zona náutica da Cabana coma punto de deportes marítimos sería outra das nosas propostas no eido da mellora das infraestruturas deportivas.

Por outra banda a proliferación de clubes que reciben unha subvención nominativa é, no campo administrativo, unha actividade contra natura, que se vén mantendo dende o inicio da democracia. Ferrol en Común está disposto a dar un paso valente, e mudar nominativo por concorrencia, para fomentar o deporte de base, evitar discrepancias entre clubes e equiparar, con métodos obxectivos e baremables a correcta administración dos recursos públicos.

Por último, o concello de Ferrol non pode ser mero testemuño das actividades que desenvolven os clubes. Ademais de impulsar, como vén facendo a Adolfo Ros, a carreira noctura, travesías a nado, e múltiples actividades, debemos volver ao deporte na rúa, en espazos naturais que debemos poñer en valor, e prestar especial atención a colectivos en risco de exclusión. Impulsar o deporte base en todas as disciplinas deportivas, apoiar ao deporte feminino para que a súa práctica sexa verdadeiramente en igualdade de condicións.

Pero todas estas medidas non serán posibles se non recuperamos o modelo do antigo Padroado de Deportes, por iso, FeC aposta por crear un órgano similar, no que ademais participen os clubs deportivos e serva para elaborar un plan de prioridades, calendarizar actuacións ou captar fondos para a mellora do deporte ferrolá.