Ferrol, 23 de outubro de 2023

Ferrol en Común acusa ao goberno do Partido Popular de falta de diálogo e transparencia en materia de urbanismo pois enterámonos polos medios de comunicación dos modificados de obras que se pretenden efectuar na Praza do mercado, no proxecto das rúas Manuel Velando e Nova de Caranza ou cando decídese de xeito unilateral soterrar restos arqueolóxicos.

Dende FeC cremos que a participación en proxectos que trascenden un mandato, moitos deles herdeiros do Edusi acadado por Ferrol en Común no 2007, deben ter unha continuidade máis alá do partido político que goberno nun tempo en concreto. Así pois, deben ser participados por todos os grupos municipais en Comisión de Urbanismo e tamén polos veciñas e veciñas desta cidade.

As decisións que está a tomar o Partido Popular van en contra do sentido común e intentan socavar o concepto de mobilidade que se viña mantendo nas cidades modernas. Isto debe ser superado e nun exercicio de transparencia tratar de poñer en riba da mesa un debate no que participemos todos os grupos municipais antes de tomar calquera decisión, coma as modificacións que se pretenden facer en obras xa adxudicadas e incluso en obras xa rematadas, coma intuímos que acontecerá coa Praza de Armas desta cidade.

Dende FeC consideramos que agora, co horizonte dun orzamento para 2024 onde se promete diálogo e recollida de propostas, é o mellor momento para analizar o que a cidade necesita a través dun Plan Xeral e dun Plan de Mobilidade, facendo partícipes a todos os grupos municipais do deseño urbanístico dunha cidade que ten moito camiño que percorrer.