Ferrol, 21 de decembro de 2023.- Dende Ferrol en Común celebramos a continuidade dos
campamentos de nadal para nenos e nenas e tamén a xogoteca que se levará a cabo durante
o período de vacacións, pero sen embargo, temos que afearlle ao goberno local a nula
programación para a mocidade da nosa cidade, un rango de idade que queda totalmente
desatendido.

Existe un área de goberno de xuventude, dotada de investimento e dun espazo propio a través
da cal pódense organizar actividades, talleres ou calquera acción dirixida a un amplo colectivo
que ten unha morea de necesidades e inquietudes, sendo esta época de nadal onde os mozos
e mozas gozan dun tempo de vacacións, unha ocasión perfecta para desenvolver un programa
neste eido. Pese a isto, a area de xuventude atópase paralizada.

É necesario que o goberno municipal entenda que a mocidade é vital para o futuro deste
concello e comece a planear e organizar un espazo para a xuventude e unha serie de
programacións sostidas no tempo aatractiva para a xente nova, coma viva, traballe e constrúa
o seu futuro na nosa cidade.