Ferrol, 13 de febreiro de 2024.- Ferrol en Común insta ao goberno municipal do Partido Popular a levar a cabo unha limpeza e mantemento regular nos areais da nosa cidade, basta con dar unha volta por calquera das nosas praias para comprobar o estado lamentable no que se atopan.

Os pellets chegaron as nosas costas para sumarse á suciedade que xa existía na maioría dos nosos areais e o peor de todo é que aínda seguen presentes, por unha limpeza insuficiente que deixa paso á contaminación do noso medioambiente. Xunto a isto, atopámonos as praias cheas de lixo, plásticos, redes ou bidóns que a marea deixa na costa e alí queda para sempre porque o goberno local ten as praias abandonadas.

A todo isto, hai que sumarlle os danos nas estruturas dos areais coma o paseo de Doniños que está roto en varios puntos, os valados deteriorados, as escaleiras en mal estado e un sin fin de desperfectos que dan unha imaxe lamentable da contorna da nosa cidade.

O goberno municipal criticaba ao goberno de Ferrol en Común e do PSOE por non ter o mantemento ao día, e agora que é a súa responsabilidade, non está a cumprila. O rural segue abandonado por un goberno de moitas promesas pero poucas actuacións.

Agardamos que tomen boa nota do que estamos a denunciar e revertan o estado lamentable, sucio e danado no que se atopan os nosos areais.