Fornecer a Ferrol como concello educador ao longo da vida para toda a cidadanía na procura da mellora dunha Educación pública, de calidade, compensatoria, laica e universal 

Facilitar o acceso da cidadanía aos servizos e recursos creando unha comisión técnica de redución drástica da burocratización extrema 

FERROL MOLA 

Controlaremos as colonias felinas a través do método CES (captura, esterilización e solta), para un trato máis ético e humano de animais urbanos, facilitando que as mascotas podan usar o transporte público. 

Promoveremos un Concello Verde coa protección dos humidais, protexendo espazos como a Fraga de Menáncaro, o Souto de Monte Fontelo, así como motivaremos a sensibilización ambiental a traves da aula de ecoloxía urbana. 

Daremos pulo ao Camiño Inglés e converteremos o antigo edificio da aduana nun albergue para peregrinos 

FERROL PARA O MAÑÁ 

Seguiremos fomentando unha mocidade empoderada dotando de máis recursos cara á autoxestión á Casa da Mocidade 

Reforzaremos a OMIC como eixo clave da defensa dos consumidores/as, facendo que os mercados municipais sexan motores económicos da cidade a partir dunha nova ordenanza municipal 

Apoio ao emprendemento sostible e social, á promoción da economía social, cooperativismo, emprego verde e inclusión de cláusulas sociais na contratación pública 

lugar de todas

UN FERROL PARA VIVIR 

Un Urbanismo máis transparente e democrático, unha cidade para as persoas máis accesible e peonil; mudamos a faciana da cidade rehabilitando e dotando á cidade de novos proxectos (Praza de Armas, Mercado de Caranza…) 

Unha cidade onde a vivenda sexa un dereito fundamental, libre de desafiuzamentos, creando vivendas dignas para as persoas (Recimil, Ferrol Vello…) 

O rural importa, avanzamos no saneamento do rural, dotaremos de Policía Ambiental para a xestión sostible do medio natural, estableceremos un programa de rozas acorde co calendario, reiniciaremos o programa +Rural para igualar en dereitos ás persoas que non vivan no entorno urbano 

Camiñamos cara á remunicipalización: o servizo de socorrismo nas praias foi o primeiro logro, seguiremos facendo público o servizo de recollida de lixo e limpeza viaria 

UN FERROL PARA OS COIDADOS 

Un Ferrol máis social poñendo primeiro ás persoas, eliminando a burocracia na tramitación das urxencias sociais 

Loitamos para que todas as familias desfruten da luz e a auga como outros recursos imprescindibles para a vida 

Potenciamos a conciliación nas familias a través de campamentos, como PequeEduca, tanto no rural como no urbano 

Ferrol en Negro, seguiremos loitando contra a violencia machista e o patriarcado estrutural, construíndo unha sociedade máis igualitaria e libre de violencia 

UN FERROL PARA SER 

Seguiremos apostando pola plena igualdade no deporte, creando unha Mesa do Deporte, semellante ao antigo Padroado 

Normalizaremos o emprego da Lingua Galega nas relacións sociais, administrativas, no lecer, no eido cultural, etc. 

Seguiremos facendo de Ferrol unha cidade referente cultural en Galicia e no estado 

Ferrol en común

1. Jorge Juan Suárez Fernández | 2. Xiana López Penedo | 3. Jesús Basterrechea López | 4. Saínza Ruíz Ferreño | 5. Rafael Ramón Rodríguez Martínez | 6. María del Mar Sobrín Sueiras | 7. Miguel Ángel Rodríguez Paz | 8. María Esther Estévez Fernández | 9. Victor Ledo Suárez | 10. Irene Fernández Lorenzo | 11. Manuel Castro Bouzas | 12. Rosario Alabau Albors | 13. Santiago Eloy Díaz Gómez | 14. Candela Díaz Rivas | 15. Francisco Javier Permuy López | 16. Begoña García Hidalgo | 17. Juan José Oruezabala Romero | 18. Paula María Faraldo Casal | 19. Luís Victor Ruíz Rodríguez | 20. María Jesús Durán Rodríguez | 21. Francisco Javier Galán Pérez | 22. Josefa Varela Fontán | 23. Roberto Fernando Artabe Noya | 24. María Eugenia Freire Frajardo | 25. Fernando Miramontes Vázquez 

Suplentes 1. Tomás Miranda García | 2. Ana Belén González Basanta | 3. Ricardo Ledo Suárez