Ferrol en Común esixirá ao PSOE máis compromiso social e políticas reais contra as violencias machistas alén do 25N.

Ferrol, 18 de novembro de 2021

Ferrol en Común levará una moción a pleno propoñendo a campaña “Mascarilla 25N” contra o acoso sexual e as violencias machistas, ademáis de instar á recuperación do traballo da campaña de sensibilización “Ferrol en Negro Contra as Violencias Machistas”.

Esta campaña consiste na creación dun sinal de identificación coas mans coma móstrase na imaxe ao final do texto e coa frase clave “Ferrol en Negro” para alertar dunha situación de violencia contra a liberdade afectivo-sexual. Este tipo de iniciativas víronse imprescindibles durante a pandemia e nas redes sociais contra o acoso.

Dende o 2019, coa entrada do novo goberno socialista, as políticas contra as violencias machistas e de igualdade e conciliación quedaron relegadas a un segundo plano meramente protocolario por parte do goberno local, que alén do traballo diario do funcionariado para a atención ás vítimas de violencias machistas, non teñen iniciado ningunha acción específica máis que os días 25N e o 8M.

Dende Ferrol en Común cremos que o goberno local non ten nin programa nin propostas políticas e coa escusa da Covid 19 ven recortando dereitos e acceso a recursos, ademais de ter sen executar o orzamento que debe destinarse á loita contra a violencia machista e á coeducación en igualdade entre a mocidade. Por elo, Ferrol en Común proporá diversos puntos para a súa aprobación plenaria, para que a igualdade sexa novamente coma no 2016, un eixo transversal que vertebre todas as políticas municipais e non una concellería menor relegada, coma ven sendo habitual neste mandato.

Por iso, Ferrol en Común vese na obriga de presentar unha batería de propostas transversais positivas para recuperar a actividade en igualdade e conciliación:

  • Creación da campaña “Mascarilla 25N” contra as agresións sexuais entre a mocidade e calquera muller que poida ver comprometida a súa liberdade afectivo-sexual:

Consenso dos grupos políticos para o gasto dos fondos do Pacto de Estado contra as violencias machistas. No 2018 Ferrol en Común executou unha contía de 46.000 € que o PSOE viu reducida a 23.000 € na actualidade por ter tardado dous anos en cumprir o requisito de nomear a dous funcionarios da policía local para coordinarse no programa VIOGEN que se asinou por decreto no 2018 por Ferrol en Común. Este foi un traballo de anos, das concelleiras de igualdade que Ferrol en Común quere recoñecer coma Sari Alabau, María López, Beatriz Sestayo e Saínza Ruíz, culminando no mandato desta última no 2018 co primeiro ano dos fondos do Pacto e que o goberno actual, pese a tardar dous anos en articulalo so insiste en Comisión que o traballo foi do concelleiro actual de Seguridade, sen recoñecer o traballo plural das concelleiras e que teñen perdido a metade dos fondos do Pacto de Estado vinculados a esta cuestión. A parte de destinalos so á publicidade de campañas repetidas doutras administracións sen ter arraigo social en Ferrol e sen recaer na prevención real entre a mocidade.

  • Volta da actividade regular á Casa da Muller e recuperación das actividades pola tarde e pola mañá como lugar de encontro e para tecer redes e espazos seguros despois de situacións de violencias machistas. O actual goberno é o primeiro que deixa a Ferrol e á Casa da Muller so coa actividade funcionarial imprescindible e elimina a actividade de políticas de igualdade xa antes da Covid 19. Ferrol en común pide transparencia nos poucos cursos de formación que fai o goberno local xa a inscrición non se acepta por rexistro municipal nin se publican os listados de admitidas.
  • Recuperación do traballo da campaña de “Ferrol en Negro Contra as Violencias”, Ferrol foi un referente galego e creou no 2016 unha campaña con moito traballo contra as violencias machistas nas escolas onde acudía persoal público a facer un traballo co alumnado e concretamente con grupos de alumnos para detectar situación violencia nos centros educativos que culminaba cun pleno xuvenil no teatro Jofre. Ferrol en común non entende a eliminación deste traballo para non ter ninguna proposta alternativa máis que repetir as campañas da Deputación Provincial sen arraigo social en Ferrol e creadas para concellos sen recursos propios.
  • Apertura dos parques infantís, especialmente o do Cantón. Ferrol en Común non entende que se eliminen as políticas de conciliación e que se peche este parque con escusas absurdas mentres se aceptan outras propostas privadas no entorno.
  • Recuperación dos campamentos de igualdade para nenas e nenos nos períodos estivais e o número de prazas que aumentara Ferrol en Común e que se teñen recortado polo goberno socialista, así como transparencia no acceso á inscrición vía rexistro e criterios de acceso ou publicación das bases.
  • Revisión xinecolóxica do persoal municipal na materia de seguridade laboral que non se realizou este ano, deixando fora a saúde da muller por primeira vez nas revisións de seguridade laboral como demandan os sindicatos.
  • Apoio do deporte feminino e do staff técnico femenino nas equipas da cidade con igualdade ao deporte masculino e acceso ás instalacións deportivas con perspectiva de xénero así coma a visibilidade equitativa e recursos compartidos.
  • Cumprimento da lei de paridade e democracia interna do Concello de Ferrol, xa que é habitual que o goberno realice política convocando so á xunta de voceiros en detrimento das comisión e plenos, que deixa fóra ás mulleres dos distintos grupos da corporación local na visibilidade e representatividade política así coma nas sesión plenarias e actos do concello. Igualmente nos espazos plenarios reducidos de aforo salvo para intervencións concretas, o goberno relega a espazos e postos subordinados ás mulleres da corporación.
  • Recuperación da revista “Machina” de referentes científicos e sociais de Ferrol creada para paliar o efecto Matilda e que protagonizaron mulleres referentes de distintos eidos como as científicas Rebeca Atencia e Luz Castro, a presentadora Paula Vázquez ou a xuíza Ana López-Suevos.
  • Recuperar as sesión de coeducación en igualdade e educación afectivo-sexual contra as violencias machistas na mocidade a través do traballo por parte se persoal técnico nos institutos da cidade.