FeC insiste en que hai que reclamarlle á Deputación unha maior asignación de fondos a través do POS, pois cada ano sufrimos máis recortes neste investimento, sendo vital para atender as demandas da zona rural.

Ferrol, 30 de novembro de 2023.- Esta semana a Deputación da Coruña ven de anunciar a inversión inicial coa que contarán as comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal dentro do Plan Único de Concellos e no que se reparten máis de 9,5 millóns de euros, unha cantidade que se divide entre o POS social e os gastos correntes para obras, investimentos ou amortización da débeda, segundo decida cada concello.

Este investimento que a Deputación destina ao noso Concello sempre foi benvido pois permite realizar certas melloras na nosa cidade, sobre todo na zona rural, tendo en conta o acordo que existe na corporación e a moción aprobada por unanimidade onde se acadou o compromiso de destinar todos os fondos do POS á zona rural, un área ampla e onde habita gran parte da veciñanza e que por desgraza aínda non se atopa ao mesmo nivel que a zona urbana en canto a servizos básicos coma iluminación, beirarrúas, accesibilidade ou saneamento.

Sen embargo, un ano máis, vemos coma esta inxección tan necesaria para o noso Concello decrece, cunha cantidade asignada de 353.332,32€ fronte aos 429.568,91€ do ano pasado. Coma xa denunciamos noutras ocasións, dende FeC consideramos que a Deputación da Coruña maltrata a nosa cidade destinando unha cantidade moi inferior a que se viña consignando nos primeiros anos do POS.

O recorte que leva a cabo Valentín Formoso ano tras ano, afecta directamente á zona rural que apenas conta con dotación para acometer as demandas que precisan e que non existan na nosa cidade veciñanza de primeira e de segunda.

Dende FeC lamentamos fondamente este recorte e desprezo á nosa zona rural por parte de Valentín Formoso e insistimos na necesidade de que este novo goberno local traballe máis e mellor para reclamarlle á Deputación máis fondos para a nosa cidade a través destes programas cos que se acometen a maioría de obras dunha zona rural que ten demasiadas demandas sen atender.

AnoPOS+POS Adicional
2018859.037,55€180.850€ + 86.419€
2019753.659€444.600€
2020534.845€45.325€ + 169.971€
2021477.554€158.120€ + 282.358€
2022316.572€56.988€
2023429.568,91€56.922,63€
2024353.332,32€56.858,07€