
A Concellería de Participación Cidadá ven de desenvolver hoxe unha nova actividade formativa dirixida aos concelleiros e concelleiras e a todo o persoal eventual do Concello de Ferrol, a que asistiron o alcalde, Jorge Suárez, e boa parte dos concelleiros do Goberno local.
Foi hoxe a mañá na aula da UNED de Ferrol (rúa María, 52 1º andar), e tivo por obxectivo mellorar a relación e a comunicación coa cidadanía cun programa centrado en tres puntos:
1.- Contexto: a participación como elemento central das políticas públicas.
2.- Como incorporar a participación cidadá na miña área.
3.- A participación en Ferrol: cuestións básicas.
Aqui vos quedan unhas fotos, por se vos sirve de axuda.