Ferrol, 6 de marzo de 2024.- Ferrol en Común denuncia o estado no que se atopan gran parte dos pasos de peóns da cidade, practicamente invisibles co risco que iso supón para os viandantes. Son moitos os que precisan un repitando pois atópanse nun estado de deterioro lamentable e dan unha imaxe de abandono e deixadez da nosa cidade.

Os pasos de peóns son una sinalización horizontal vital para toda a cidadanía e para a correcta convivencia entre peóns e vehículos. Que estes pasos se atopen nun estado adecuado é fundamental para evitar posibles accidentes e para coidar a seguridade vial da nosa cidade.

O tráfico rodado, a falta de mantemento e o propio clima son os causantes do deterioro das sinalizacións horizontais coma son os pasos peonís, polo que é preciso levar a cabo unha revisión de todos os pasos de peóns e proceder ao seu mantemento e pintado.

Esta labor debe ser acometida polo goberno local o máis axiña posible pois a seguridade vial é un tema de vital importancia para a cidade, pero non parece selo para o goberno local pois non se está a ocupar de acometer estas pequenas intervencións con regularidade para garantir a seguridade tanto de peóns coma de condutores/as.