Ferrol, 7 de novembro de 2023

Hoxe, en Comisión Extraordinaria de de Participación Cidadá resolvéronse as reclamacións e alegacións presentadas ao Regulamento de Organización Interna do Concello de Ferrol que elaborou o Partido Popular fai uns meses.

Ferrol en Común rexistrou en prazo e forma 9 achegas das cales tan só foron aceptadas dúas, a referida ao artigo 20.1 onde pedimos que se engada a figura do secretario/a de grupo municipal e a referida a redacción do Regulamento aplicando as normas da linguaxe inclusiva e igualitaria tal e coma obriga a Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para a igualdade efectiva de mulleres e homes.

O resto das nosas achegas en relación a eliminar a limitación da liberdade de expresión coa estipulación de 2 mocións por pleno, a eliminación do control das intervencións, a inclusión do uso do galego coma lingua oficial ou a eliminación dos novos postos que se crean neste Regulamento e non que non veñen a solucionar os problemas de persoas que seguen vixentes no Concello, son desestimados polo goberno municipal.

FeC reitera o seu desacordo con este Regulamento que limita o exercicio político das forzas da oposición, réstalle competencias ao Pleno do Concello e crea postos de Coordinación e Dirección que supoñen máis de 200.000€ pero que non reforzan o cadro de persoal, ademais de non ser elixidos polos procedementos de selección de persoal senón por libre designación.