Na potenciación do proxecto cidadanista que supón Ferrol en Común, estanse a dar pasos importantes dende a organizacion para consolidar un proxecto necesario por e para a xente do común. No xaneiro pasado dimos dende Ferrol en Común un importante paso para este novo espazo ao convocar unha asemblea cuns novos e mellores estatutos, e coa conformación dunha Coordinadora…
José Couso , crime de guerra , investigación e xustiza!
Co lema que identifica a loita da familia de Jose Couso , cámara asasinado polo exército estadounidense o 8 de abril de 2003, queriamos comezar a nosa homenaxe a unha familia valente que persiste na busca de xustiza e para un xornalista que morreu no desempeño do seu traballo amosando ao mundo a barbarie da…
FeC leva a pleno a inconclusa concentración parcelaria de Covas, Esmelle e Mandía
A Concentración Parcelaria de Covas, Esmelle, Marmacón e Mandía será levada a debate polo grupo municipal de Ferrol en Común no pleno de fin de mes de marzo, este martes 27 as 19:00 horas , aínda inconclusa 38 anos despois. «Mostra do desleixo da Xunta e do PP, en contra do que predican, por concluir…
A Coordinadora de FeC posicionase sobre a denuncia ao grupo de goberno.
Debido ao acontecido esta semana na que a autonomeada Plataforma na Defensa dos Servizos Públicos interpuxo una demanda falaz contra o alcalde Jorge Suarez e a equipa de goberno acusándoos de delitos graves e totalemente infundados a prol da taxa de sanaemento, supoñemos que con ánimo de desgastar ao goberno , dende logo non de…
O Alcalde Jorge Suárez » temos dereito a defender a nosa honradez destas falacias de contido político que buscan enturbar e desgastar a este Goberno”
O alcalde anunciou hoxe a súa intención de querelarse polo civil e polo penal contra un grupo de individuos que presentaron un escrito falaz acusando ao Executivo de dous delitos tan graves como infundados “Temos dereito a defender a nosa honradez destas falacias de contido político que buscan enturbar e desgastar a este Goberno”, manifestou…

Lembrade hoxe Asemblea Extraordinario de FeC ás 20.00 h
Hoxe no local da rúa Magdalena, 58 ás 20.00 h terá lugar a Asemblea Extraordinaria de Ferrol en Común coa seguinte Orde do día: 1 Lectura e aprobación da acta anterior 2 Análise da situación de FeC 3 Elección da mesa que presidirá a Asemblea 4 Proposta de calendarización 5 Elección Comisión de Estatutos …
Marea Atlántica, Compostela Aberta e Ferrol en Común presentan unha moción conxunta na Deputación, en defensa do tren A Coruña-Ferrol #TrenDigno
As tres candidaturas municipalistas procuran un acordo provincial para esixir melloras no ferrocarril de cercanías, fundamental para unha mobilidade sostible. O texto recolle os eixos da Declaración Institucional polo Eixo Ferroviario Ferrol -A Coruña, asinada en Ferrol por nove concellos o pasado 20 de marzo. Os grupos provinciais da Marea Atlántica e Compostela Aberta, co…
O vindeiro venres 31 a familia de Marta Sequeiro convoca a unha mobilizacion social para reclamar #XustizaParaMarta
Este mediodía o alcalde de Ferrol Jorge Suárez e a concelleira de Benestar Saínza Ruíz, xunto a voceira do PSOE e os dous concelleiros do BNG, asistiron como mostra de apoio á rolda de prensa ofrecida pola familia de Marta Sequeiro onde presentaron a mobilización social que terá lugar este venres 31 ás 19.30 h…
Ferrol en Común organiza unha charla informativa sobre a praga da pataca #Agro #Alimentación
Abrimos o local de Ferrol en Común para informar sobre a praga da pataca que está afectando especialmente a nosa comarca. Botar un pouco de luz fronte ao oscurantismo e ocultación coa que a Xunta de Galicia está levando a xestión desta crise alimenticia.
Declaración Institucional polo «Eixo Ferroviario Ferrol -A Coruña»
O camiño de ferro que enlaza Ferrol coa cidade da Coruña data de 1913. Desde entón, nesta liña non se acometeron as melloras imprescindibles para favorecer o asentamento demográfico, o desenvolvemento industrial e aposta polo tren como un medio de transporte público, eficiente e práctico para o transporte de persoas e mercadorías. Goberno tras goberno,…